CRTVG

Buscar

O Tribunal Supremo revisa o terceiro grao concedido aos presos do 'procés'

Publicado o 26/11/2020 08:59

O Tribunal Supremo estuda hoxe os recursos da Fiscalía contra o réxime de terceiro grao concedido aos nove presos polo procés.

Os maxistrados que xulgaron os líderes independentistas cataláns reuniranse a partir das dez da mañá para a deliberación e resolución dos recursos. 

O xuíz de vixilancia penitenciaria avalou o terceiro grao que lles concedeu a Generalitat en xullo aos nove pero que só desfrutan Carme Forcadell e Dolors Bassa. Os outros sete, presos en Llendoners, téñeno suspendido á espera de que o Supremo resolva o recurso do fiscal, que abrangue tamén a semiliberdade concedida a Forcadell e Bassa.

Noticias web

26/11/2020