CRTVG

Buscar

O Supremo revisa a primeira sentenza sobre un caso dunha bebé roubada en España

Publicado o 03/06/2020 08:55

O Tribunal Supremo revisa hoxe a primeira sentenza sobre un caso dunha bebé roubada en España, o de Inés Madrigal e o doutor Eduardo Vela.

Esa sentenza, ditada en 2018 pola Audiencia de Madrid, responsabiliza o doutor Vela dos delitos de detención ilegal, suposición de parto e falsidade en documento oficial. A pesar de que recoñeceu a Isabel Madrigal como bebé roubada, absolveu o doutor por prescrición dos delitos. Meses despois da sentenza, Madrigal descubriu que fora entregada pola súa nai biolóxica.

Noticias web

03/06/2020