CRTVG

Buscar

O Tribunal Supremo obriga a Trump a entregar as súas declaracións de impostos ao fiscal que o investiga

Publicado o 10/07/2020 08:35

O Tribunal Supremo dos Estados Unidos obrigou o presidente Donald Trump a entregar as súas declaracións de impostos ao fiscal que o investiga en Nova York.
A pesar deste revés xudicial, é pouco probable que as declaracións de impostos do presidente estadounidense cheguen ás mans da Xustiza antes das eleccións de novembro.
Trump reaccionou con enfado e cualificou de xuízos políticos os casos relacionados cos seus impostos.

 

Noticias web

10/07/2020