CRTVG

Buscar

O Tribunal Supremo decidirá o día 24 sobre a exhumación dos restos de Franco

Publicado o 10/09/2019 14:27
O Tribunal Supremo decidirá o día 24 sobre a exhumación dos restos de Franco

O Tribunal Supremo decidirá o próximo 24 de setembro, ás 10.00 horas, se avala a exhumación dos restos de Francisco Franco do Val dos Caídos, unha promesa do Executivo de Pedro Sánchez que a sala paralizou preventivamente a pedimento da familia do ditador ata que houbese sentenza.

Fontes xurídicas informaron de que a Sección Cuarta da Sala do Contencioso Administrativo fixou para ese día a votación e ditame do recurso interposto pola familia Franco contra o acordo do Consello de Ministros do pasado 15 de marzo que fixaba para o 10 de xuño a  exhumación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí