CRTVG

Buscar

O Tribunal Supremo decide esta semana se paraliza cautelarmente a exhumación dos restos de Franco

Publicado o 03/06/2019 07:59
Cinco xuíces do Supremo inician unha semana cun tema clave sobre a mesa: a petición da familia de Franco de que impida preventivamente os plans do Goberno de exhumar o próximo 10 de xuño os seus restos enterrados no Val dos Caídos para reinhumalos despois no cemiterio do Pardo. Cando falta unha semana para que chegue esa data, a sección cuarta do Contencioso-Administrativo debe decidir se paraliza preventivamente a exhumación, como tamén solicitaron a Fundación Franco e a comunidade beneditina do Val dos Caídos.
Fontes do Supremo apuntan a que será, previsiblemente, mañá cando os maxistrados estudarán as peticións nunha reunión na que non se meterán a analizar o fondo do asunto, senón que simplemente decidirán se procede admitir as cautelares.
Á espera de coñecer a postura do alto tribunal, o Executivo "segue absolutamente co seu plan" de exhumación, aínda que o Supremo acorde paralizar a exhumación, algo que "obviamente, respectará", segundo indicou o pasado venres a ministra portavoz, Isabel Celaá.
Hai meses, o alto tribunal xa deixou claro nunha resolución que será el quen teña a última palabra no asunto ao advertir de que non se poderían trasladar os restos do ditador ata que a sala se pronunciase sobre o recurso contra o acordo final do Goberno.

Noticias web

03/06/2019