CRTVG

Buscar

O Tribunal Supremo cita a deputada de JxCat Laura Borràs como investigada

Publicado o 03/07/2020 12:14
O Tribunal Supremo cita a deputada de JxCat Laura Borràs como investigada

O Tribunal Supremo citou o vindeiro 22 de xullo a deputada de Junts per Catalunya Laura Borràs. A citación é para que declare en calidade de investigada por delitos de prevaricación, fraude á Administración, malversación de fondos públicos e falsidade documental, que puido cometer durante a súa etapa como directora da Institució de les Lletres Catalanes.