CRTVG

Buscar

O Tribunal Supremo revisa as condenas polas agresións a dous gardas civís en Alsasua

Publicado o 18/09/2019 12:41

O Tribunal Supremo revisa as condenas de ata trece anos de cárcere a oito persoas por pegarlles unha malleira a dous axentes da Garda Civil e ás súas parellas na localidade navarra de Alsasua, en outubro de 2016.

Despois de cumprir case tres anos de cadea os recursos piden a absolución dos condenados e alegan que a primeira senteza da xuíza Espejel non é imparcial ao estar casada cun coronel da Garda Civil, cuestionan as roldas de recoñecemento en que as vítimas da agresión os sinalaron como autores dos golpes e insultos e a desproporción nas condenas cos agravantes de discriminación e odio. Despois desta vista e do que ditamine o Supremo, aínda teñen a posibilidade de recorrer a Estrasburgo.


 

Noticias web

18/09/2019