A xustiza tomba en Navarra o toque de queda e apoia restricións só nalgúns concellos en Andalucía
Repítese a situación. Agora en Navarra. A xustiza anula o toque de recollida e o horario de peche da hostalería. Entende que as dúas medidas están relacionadas e que afectan a dereitos fundamentais, que non se poden tocar sen estado de alarma.
En Andalucía a situación aínda é máis complexa e o Tribunal Superior ratificou o confinamento dalgúns concellos e doutros non, en autos distintos.
Será o Supremo o que unifique os criterios para toda España cando resolva sobre o recurso das Canarias. Pero non se agarda a decisión ata a próxima semana.
Mentres, aumenta o debate político. No PSOE din que a supervisión dos xuíces forma parte da riqueza do estado de dereito e descartan cambios. Discrepa o PP. E téndenlle a man ao Goberno para pactar cambios na lei e apoiar as comunidades.
Tamén falan de caos xurídico os socios parlamentarios do Goberno, e acusan o Executivo de crear aínda máis confusión nas últimas horas. O debate tamén centra as preguntas da sesión de control ao Goberno no Senado.