CRTVG

Buscar

O tribunal escocés deixa en liberdade provisional a ex-conselleira catalá Ponsatí

Publicado o 14/11/2019 16:58
O tribunal escocés deixa en liberdade provisional a ex-conselleira catalá Ponsatí

Un xuíz escocés deixou este xoves en liberdade provisional a política catalá Clara Ponsatí, ao comezo do seu xuízo de extradición a España, que a reclama polo seu papel no referendo de independencia de Cataluña de 2017, declarado ilegal pola xustiza española.

A Corte do Shériff de Edimburgo aceptou a petición do avogado defensor, Aamer Anwar, de deixar a  Ponsatí libre mentres dure o xuízo á ex-conselleira do Goberno catalán, que afronta en España cargos de sedición e malversación de fondos pola convocatoria dese plebiscito ilegal.

"Gañamos a batalla, pero non a guerra, queda un longo camiño", afirmou Ponsatí, segundo recolle a conta de Twitter do seu avogado.