CRTVG

Buscar

A Audiencia de Palma absolve a infanta Cristina e condena a Urdangarin a 6 anos de cadea

Publicado o 17/02/2017 14:30

O Tribunal do caso Nóos imponlle unha multa á infanta Cristina de 265.000 euros. O socio de Urdangarin, Diego Torres, foi condenado a oito anos de prisión e Jaume Matas a tres anos e oito meses

Iñaki Urdangarin, o primeiro familiar dun Rei condenado a prisión en democracia. O Tribunal do caso Nóos condenouno a seis anos e 3 meses de prisión por sete delitos. A muller muller, a Infanta Cristina foi absolta.

Urdangarin enfrontábase á pena máxima neste xuízo: 19 anos e medio pedía a Fiscalía ao consideralo o conseguidor, non arrepentido, dos contratos fraudulentos para o Instituto Nóos. 

Finalmente a condena é de seis anos e tres meses de cárcere por sete delitos: prevaricación con falsidade documental e malversación, fraude á Administración Pública, tráfico de influencias e dous delitos contra a Facenda Pública. Queda libre das acusacións de estafa e branqueo. A condena tamén inclúe sete anos de inhabilitación e unha multa de medio millón de euros.

As tres maxistradas do tribunal consideran probado que o esposo da infanta Cristina se enriqueceu con fondos públicos a través dunha trama corrupta de contratación coas administracións que organizou a través da asociación sen ánimo de lucro Instituto Nóos. A resolución tamén detalla que as contratacións prescindían da tramitación legal e que Urdangarin utilizou a súa íntima relación de amizade con persoas ben posicionadas institucionalmente.

Algo que el sempre negou no xuízo asegurando que non era comisionista de nada e que estaba á marxe da xestión administrativa do Instituto Nóos.

Agora a defensa pode recorrer a sentenza. Ten cinco días de prazo

Urdangarin é dende hoxe o primeiro familiar dun rei condenado a prisión en democracia.

Unha das grandes dúbidas arestora é saber que vai pasar no inmediato con Iñaki Urdangarin: se vai ter que entrar no cárcere de xeito inminente ou se  poderá agardar en liberdade a que a sentenza sexa firme. O fiscal do caso acaba de pedir unha vista de medidas cautelares para Urdangarin e tamén para Diego Torres. De momento, cando lle preguntaron polo risco de fuga manifestou que se deberían de tomar as medidas necesarias para minimizar esa posibilidade.

Acaba de comparcer o avogado de Urdangarin. Di que aínda non falou co seu cliente, que aínda non coñece o detalle da sentenza pero que nunha primeira impresión non está decepcionado, dixo. E avanza que defenderá que non se apliquen medidas cautelares.

 

  • A infanta Critina, absolta

A sentenza absolve a Cristina de Borbón de Grecia dos delitos contra a Facenda pública dos que estaba acusaba, e faino con todos os pronunciamentos favorables.

A exculpación sería definitiva, porque Manos Limpias xa anunciou que non pensa recorrer contra a sentenza ante o Supremo. A súa era a única acusación contraa infanta Cristina: pedía para ela unha condena de oito anos de cárcere por colaboración en dous delitos fiscais. Agora, o pseudosindicato deberá pagar as custas do xuízo.

Pola súa banda, a Fiscalía reclamáballe a ex-duquesa de Palma adevolución de 587.000 euros como partícipe lucrativa nos delitos do seu home. Esa foi a cantidade que a irmá do Rei depositou en 2014, pero a sentenza condénaa a unha multa menor: debe responder solidariamente con Urdangarin da súa responsabilidade civil ata a contía de 265.000 euros. Así que a multa non só está xa satisfeita, senón que a Xustiza teralle que devolver á infanta 372.000 euros

Miquel Roca, avogado de Cristina de Borbón, aseguraba este mediodía que está levitando e moi satisfeito coa sentenza, que lle comunicou por teléfono á súa defendida.

Roca pediu respecto pola presunción de inocencia, e defendeu a imparcialidade da xustiza.

Dez anos despois do inicio das investigacións, Cristina de Borbón afronta unha nova etapa condicionada pola condena de Iñaki Urdangarin, en quen se amparou para defenderse durante os seis meses de xuízo oral.

 

  • A pena maior é para Diego Torres: oito anos e seis meses de prisión

Na sentenza do Caso Nóos a maior pena é para Diego Torres, o ex-socio de Urdangarin. Condenado a 8 anos e 6 meses de prisión por prevaricación, fraude á Administración Pública, tráfico de influencias, delitos fiscais e branqueo. O Tribunal absolve dos delitos fiscales dos que estaba acusada á súa dona, Ana María Tejeiro, que deberá responder como partícipe a título lucrativo co pagamento de preto de 345.000 euros.

Tamén rebaixa a pena de cinco anos que pedía o fiscal para Jaume Matas, ao exhonralo do delicto de malversación de caudais públicos. O ex-presidente balear deberá cumprir con tres anos e oito meses de cadea por un delicto continuado de prevaricación con falsidade e malversación.

A sentenza condena a outros tres cargos públicos do Goberno balear: Gonzalo Bernal, Juan Carlos Alía e Miguel Ángel Bonet, a penas de prisión que poden ser substituídas por multas.

E absolve a todos os acusados da rama valenciana, entre eles o ex-vicepresidente, Alfonso Grau. Tamén á ex-conselleira delegada da candidatura Madrid 2016 Mercedes Coghen. Tamén, o contable do instututo Nóos, cuñado de Diego Torres e o asesor fiscal, Salvador Trinxet.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2017