CRTVG

Buscar

O Tribunal decide hoxe se manda a prisión os condenados polo caso dos ERE

Publicado o 29/11/2019 09:05

O Tribunal que xulgou a peza politica dos ERE decide hoxe se manda a prisión os condenados a máis de sete anos de cárcere.

Son dous ex-conselleiros da Junta, Antonio Fernández e José Antonio Viera, e dous ex-directores xerais de Traballo, Javier Guerrero e Juan Márquez. Están condenados por prevaricación e malversación.

O Tribunal vai decidir sobre a petición da fiscalía, que solicita o seu ingreso inmediato en cadea. É dicir, a execución da sentenza, sen esperar a que sexa declarada firme polo Supremo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/11/2019