CRTVG

Buscar

O Tribunal de Estrasburgo rexeita unha demanda presentada por Puigdemont

Publicado o 28/05/2019 16:16
O Tribunal de Estrasburgo rexeita unha demanda presentada por Puigdemont

Revés xudicial para o ex-presidente catalán fuxido Carles Puigdemont. O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos rexeita a demanda que presentou o político e outros 75 deputados en contra da suspensión do pleno do Parlamento autonómico en outubro de 2017, en que se ía declarar a independencia de Cataluña.

Estrasburgo considera que a medida era necesaria para manter a seguridade pública, a orde, e os dereitos e liberdades alleas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/05/2019