CRTVG

Buscar

O Tribunal de Contas pide investigar a Puigdemont polos gastos do referendo do 1-O

Publicado o 25/03/2019 20:17
O Tribunal de Contas pide investigar a Puigdemont polos gastos do referendo do 1-O

O Tribunal de Contas solicita que se abra unha causa contra o ex-presidente catalán Carles Puigdemont polo presunto desvío de fondos para o referendo declarado ilegal do 1 de outubro.

Nun informe enviado á Fiscalía Xeral do Estado, o fiscal xefe do Tribunal de Contas cifra en máis de sete millóns de euros a partida que se destinou para promocionar o proceso independentista entre os anos 2011 e 2017. Pide que se investiguen as posibles responsabilidades penais e contables de Puigdemont e doutros dirixentes da Generalitat de Cataluña polo uso dese diñeiro público para a súa causa.

Noticias web

25/03/2019