O Tribunal de Contas fiscalizará o gasto derivado da pandemia
Publicado o 06/01/2021 16:06

O Tribunal de Contas vai fiscalizar o gasto público vinculado á covid. O organismo controlará os contratos de emerxencia realizados tanto polo Goberno central como as autonomías e grandes concellos para facer fronte á pandemia.
Tamén examinará a xestión das residencias de maiores, dos ERTE, das axudas públicas concedidas ou dos avais do ICO.
A investigación de posibles fraudes vai ser unha das prioridades do Tribunal de Contas para este ano.