CRTVG

Buscar

O Tribunal de Contas dubida da legalidade dos avais e encarga un informe á Avogacía do Estado

Publicado o 27/07/2021 16:47
O Tribunal de Contas dubida da legalidade dos avais e encarga un informe á Avogacía do Estado

O Tribunal de Contas dubida da legalidade dos avais da Generalitat a 29 excargos do Goberno catalán e pide un informe urxente á Avogacía do Estado. A cantidade reclamada ascende a 5,4 millóns, por gastos de diñeiro público para promocionar o procés no exterior.

A delegada do Tribunal de Contas ten que decidir se acepta os avais públicos, da Generalitat. De momento ten dúbidas sobre a súa "legalidade e suficiencia", e por iso encargou o informe á Avogacía do Estado.

Noticias web

27/07/2021