CRTVG

Buscar

O Tribunal de Contas arquiva a investigación sobre o rescate a Plus Ultra

Publicado o 26/07/2021 13:14
O Tribunal de Contas arquiva a investigación sobre o rescate a Plus Ultra

O Tribunal de Contas arquiva a investigación sobre o rescate á compañía Plus Ultra. Non ven indicios de desvío contable na axuda de 53 millóns que lle concedeu o Goberno a través da SEPI.

A denuncia fora presentada por Ciudadanos, que xa anuncia un recurso. A maiores, o caso tamén está en mans dos xulgados ordinarios que a semana pasada ordenaron paralizar o rescate ata que a empresa acredite que realmente precisa os cartos.

 

Noticias web

26/07/2021