CRTVG

Buscar

O Tribunal de Arbitraxe do Deporte rexeita a aliñación indebida do Estremadura

Publicado o 24/07/2020 16:05

O TAD rexeitou a suspensión cautelar da vitoria do Estremadura en Riazor. O Deportivo solicitaba esa suspensión alegando aliñación indebida do rival.

O tribunal considera non ser competente para decidir sobre a suspensión do resultado. O Deportivo pretendía que se lle dera o encontro por perdido ao equipo de Almendralexo mentres se aclaraba se cometeron ou non unha infracción do regulamento por quedarse con só seis xogadores do seu primeiro cadro no campo. O TAD anunciou que estudará o fondo do asunto máis adiante, tras dicir non ás medidas cautelares.

 

Noticias web

24/07/2020