CRTVG

Buscar

O Tribunal de Apelación de Escocia declara "ilegal" a suspensión do Parlamento británico

Publicado o 11/09/2019 12:23
O Tribunal de Apelación de Escocia declara "ilegal" a suspensión do Parlamento británico

O Tribunal de Apelación de Escocia declarou este mércores "ilegal" a decisión do primeiro ministro británico, Boris Johnson, de suspender o Parlamento do Reino Unido no período previo á saída do país da Unión Europea (UE).

Os tres xuíces que compoñen a corte de apelación de maior rango de Escocia revogaron así unha resolución anterior, emitida a principios de setembro, que ditaminou que o peche si se axustaba á legalidade.

O Goberno británico xa anunciou que apelará contra esta decisión e está previsto que o Tribunal Supremo, máxima instancia xudicial británica, celebre unha vista para avaliar este caso e outro presentado pola activista antibrexit Gina Miller o 17 de setembro en Londres.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí