CRTVG

Buscar

O Tribunal de Contas cifra en 4,1 millóns o diñeiro público desviado para o 1-O

Publicado o 28/01/2020 12:39
O Tribunal de Contas cifra en 4,1 millóns o diñeiro público desviado para o 1-O

O Tribunal de Contas estimou en 4,1 millóns de euros a cantidade provisional de diñeiro público que o Goberno da Generalitat presidido por Carles Puigdemont desviou para organizar o referendo ilegal do 1 de outubro de 2017.

Segundo confirmaron a Efe fontes da Fiscalía, esta é a cantidade que agora reclama o Tribunal de Contas a Puigdemont e a outros 31 cargos e ex-altos cargos da Generalitat, e que foi notificada ás partes.

O Tribunal de Contas citara este martes aos representantes legais de Puigdemont, do  ex-vicepresidente Oriol Junqueras e do resto de cargos da Generalitat para fixar a liquidación provisional dos gastos ocasionados polo referendo.

Prevese que ao finalizar a vista este mediodía, o tribunal requira aos citados para que paguen ou avalen eses 4,1 millóns de euros.

En caso de non facelo, procederíase ao embargo solidario dos seus bens.