CRTVG

Buscar

O Constitucional mantén a suspensión de Puigdemont como deputado do Parlament

Publicado o 20/03/2019 14:00
O Constitucional mantén a suspensión de Puigdemont como deputado do Parlament

O Tribunal Constitucional acordou por unanimidade manter a suspensión do ex-presidente catalán Carlos Puigdemont como diputado do Parlament, a raíz de ser procesado por rebelión polo xuíz do Tribunal Supremo Pablo Llarena na causa do procés.

Nun auto, o Alto Tribunal denega a petición de Puigdemont de que se suspenda cautelarmente o auto polo que o pasado mes de xullo foi suspendido, ao entender que esa cuestión non pode ser resolta agora dado que equivalería a "anticipar un eventual ditame estimatorio" do seu recurso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí