CRTVG

Buscar

O Tribunal Constitucional levanta a suspensión da Lei de Saúde de Galicia

Publicado o 23/07/2021 16:23

• O TC avala a entrada en vigor da lei, pero sen o punto que fai referencia á vacinación

O Tribunal Constitucional levanta a suspensión da Lei de Saúde de Galicia

O Tribunal Constitucional decidiu levantar a suspensión da Lei de Saúde de Galicia, tras ser solicitado polos servizos xurídicos da Xunta e en contra do que solicitaba a Avogacía do Estado. O pleno do TC avala a entrada en vigor da lei, coa única excepción do punto que fei referencia á vacinación.

A norma fora aprobada pola Xunta en en febreiro deste ano, pero o Goberno central interpuxo un recurso de inconstitucionalidade. O TC cualifica as alegacións da Avogacía do Estado "desmesuradas", especialmente as medidas recollidas no texto legal que, asegura, non precisaría dunha autorización xudicial.

A Administración autonómica amósase satisfeita co contido do auto e recorda que, no que respecta ou único punto no que se mantén a suspensión, a Xunta quixo chegar a unha solución pactada que o Goberno rexeitou.

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, manifestou a súa satisfacción polo auto, xa que "chega nun momento axeitado para aplicar as medidas que precisemos para loitar contra a pandemia".

Polémica coa Lei balear

A Xunta xa denunciara o partidismo do Goberno central ao recorrer a Lei galega de saúde e permitir a aplicación dunha lei idéntica nas Baleares. 

Noticias web

23/07/2021