CRTVG

Buscar

O tren Vigo-Santiago alcanza niveis récord ante o encarecemento da AP-9

Publicado o 03/04/2019 20:18

Nun ano escolleron este medio de transporte máis de 300.000 usuarios. E é que o tren na liña Santiago-Vigo bate récord en Galicia e convértese nunha das que máis medra en España.

Queden con este dato: en cinco anos aumentou o uso deste tren un cincuenta por cento. A duración da viaxe é un dos atractivos. Son 50 minutos. O mesmo que tarda un coche pola autoestrada Vigo-Santiago. E o prezo é o que observan como vantaxoso os usuarios. E é que as peaxes da AP-9 son das máis altas de todo o estado. Só en peaxes, o condutores pagan 9,65 euros. E hai que sumarlle 8 máis en combustible. Son case 18 euros.

Noticias web

03/04/2019