CRTVG

Buscar

O tren turístico de Santiago presenta unha nova ruta polos parques da cidade

Publicado o 02/10/2017 17:19

O tren turístico de Santiago ten unha segunda ruta que, con inicio e chegada no Obradoiro, percorre os principais parques da cidade.

Empezou a funcionar o venres, dura algo máis dunha hora e descobre os parques Eugenio Granell, Brañas de Sar, Carlomagno, alameda e o Parque da Música. No ano 2016, arredor de 100.000 persoas empregaron este servizo do tren turístico para coñecer a cidade, unha cifra que amosa a súa importancia como ferramenta para xestionar os fluxos de visitantes á cidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2017