CRTVG

Buscar

O tren turístico da ruta dos camiños de Santiago colgou o cartel de cheo

Publicado o 29/07/2019 16:09

O tren turístico da ruta dos camiños de Santiago non puido ter mellor estrea. Xa colgou o cartel de cheo, ao cen por cento de ocupación.

O primeiro é que é a principal novidade das rutas dos trens turísticos deste ano. Busca que o viaxeiro descubra o noso patrimonio a través de diferentes tramos de varios camiños: o francés, o do norte, o primitivo e o inglés.

Este sábado comezou con cheo total, uníndose ás outras rutas existentes, coma a dos faros, a de Ourense termal ou a dos pazos. Esta é a sétima edición do programa, para o que hai saídas de trens ata outubro.




 

Noticias web

29/07/2019