CRTVG

Buscar

"O tren movíase dun lado para outro e non daba freado"

Publicado o 02/06/2020 19:56

 Dúas persoas faleceron esta tarde no accidente do Alvia que viaxaba de Ferrol a Madrid, á altura da Hiniesta, en Zamora. Un vehículo caeu ás vías dende un paso elevado. No impacto co tren morreron o condutor do coche e un dos maquinistas, un mozo en prácticas. O outro maquinista resultou ferido de consideración. A locomotora quedou totalmente desfeita. Entre os 155 viaxeiros só hai algúns feridos leves, pero o susto foi enorme.

Noticias web

02/06/2020