CRTVG

Buscar

O trasvasamento do río Verdugo ao encoro de Eiras non se acometerá pola vía de urxencia

Publicado o 12/01/2018 21:27

Precisamente, que a área de Vigo rebaixe o nivel de alerta a prealerta, fai que o transvasamento de auga do río Verdugo cara ao encoro de Eiras non se vaia tramitar pola vía de urxencia. Nunha reunión mantida esta mañá cos concellos afectados, o director de Augas de Galicia manifestou a súa intención de seguir adiante coa obra, pero buscando o máximo consenso. Os concellos de Ponte Caldelas e Soutomaior anunciaron que van recorrer contra o convenio do transvasamento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018