O traslado da Seafood de Bruxelas a Barcelona impulsa en Vigo a Conxemar
Publicado o 19/09/2019 16:02
Poucos días antes do comezo dunha nova edición de Conxemar, a feira fai vinte e un anos cunhas cifras de participación e volume de negocio que avalan o seu éxito. Tras o anuncio da chegada da Seafood a Barcelona Conxemar comeza a reforzarse e urxe a ampliación do Ifevi para poder atender toda a demanda.
Non é a primeira vez que a Seafood se traslada a Barcelona cunha feira de contido similar. Intentouno en 2012, pero só aguantou tres edicións. En Galicia os empresarios salientan a orixe do produto como principal vantaxe para Conxemar. A Seafood celebrarase en Barcelona en abril de 2021.