O trail do monte Trega reúne máis de 500 participantes
Publicado o 26/11/2019 16:30
Máis de cincocentos deportistas participaron no trail polos arredores do monte Trega, na Guarda, o símbolo da cultura castrexo-romana. Valor arqueolóxico incalculable. Dúas distancias, doce e dezaoito quilómetros. Entre os participantes, o presentador de TVG Bernardo Montaña, un clásico dos trail.
O tempo ameazou, pero acabou por respectar o esforzo dos deportistas nunha cita de esixencia onde había un ascenso acumulado de mil cen metros.
Desde o Trega, unha vista extraordinaria, a desembocadura do Miño, a inmensidade do Atlántico, Portugal nun costado, a localidade de Caminha e o Val do Tamuxe na outra parte.