CRTVG

Buscar

O tráfico de pasaxeiros aumenta en febreiro en Peinador e Alvedro, pero baixa na Lavacolla

Publicado o 12/03/2019 18:22
O tráfico de pasaxeiros aumenta en febreiro en Peinador e Alvedro, pero baixa na Lavacolla

165.000 pasaxeiros na Lavacolla, case 100.000 en Alvedro e máis de 71.000 en Peinador. Estes datos, de febreiro, reflicten tamén que, na comparativa mensual anual, gañan viaxeiros os aeroportos de Vigo e da Coruña e que os perde o de Santiago.

Segundo AENA, este mes de febreiro en comparación co de 2018, o tráfico de pasaxeiros aumentou en Peinador un 7,4% e en Alvedro un 5%, pero que baixou no da Lavacolla nun 1,2%. Malia todo, a terminal de carga compostelá rexistrou un lixeiro aumento de mercadorías, dun 5,7%. Este tipo de tráfico aínda se incrementou moito máis, nun 60%, no aeroporto coruñés e nun 28,6% no vigués. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2019