CRTVG

Buscar

O total de vítimas pola covid−19 ascende a 2.644 en Galicia tras notificarse un deceso

Publicado o 13/10/2021 19:53
O total de vítimas pola covid−19 ascende a 2.644 en Galicia tras notificarse un deceso

O Sergas notificou este mércores o falecemento dunha muller de 95 anos que fora diagnosticada con coronavirus. A muller finou na xornada de onte na Residencia de maiores Bribes de Cambre.

Con ela, o número total de vítimas por mor da pandemia ascende a 2.644 en Galicia. Segundo informou Saúde Pública, a muller padecía patoloxías previas.

Noticias web

13/10/2021