CRTVG

Buscar

O Torneo EncestaRías será a última proba de pretemporada para Obradoiro e Breogán

Publicado o 10/09/2021 13:24

Última proba da pretemporada para Monbus Obradoiro e Río Breogán en Vilagarcía de Arousa. En Fontecarmoa será o Torneo EncestaRías. Sexta edición. Duascentas persoas nas bancadas. Río Breogán-Joventut e Monbus Obradoiro-Málaga. Todo iso esta noite en semifinais. O domingo decídese quen gaña o trofeo. A unha semana do inicio da Liga ACB.

Paco Olmos: "Estamos conxuntando o equipo. Queremos ter boas sensacións para mellorar".

Alberto Oliver: "Hai seis trocos no equipo. Temos bo cadro de xogadores e a pretemporada está sendo dura".

Noticias web

10/09/2021