CRTVG

Buscar

O Torneo Encestaría de Vilagarcía será a proba definitiva para Obradoiro e Breogán

Publicado o 12/08/2021 16:27

Cando quede unha semana para o inicio da ACB os dous equipos galegos xogarán o Torneo Encestarías de Vilagarcía. Será a proba definitiva para saber como están o Monbus Obradoiro e o Rio Breogán.

Vilagarcía recupera o seu torneo ACB que completan o Joventut e o Málaga. Precisamente alí xoga o cercedés Jonathan Barreiro, que acaba de asinar tres temporadas co Unicaja.

En Málaga debutará o Monbus Obradoiro que presenta un bloque equilibrado pensando nesta temporada:

"Ímolo pasar ben este ano, temos un equipo compensado, seis que seguimos e seis novos", di o xogador Alex Suárez.

Noticias web

12/08/2021