CRTVG

Buscar

O todopoderoso Barcelona, demasiado para o Frigoríficos do Morrazo (24-39)

Publicado o 12/12/2020 18:28

O Barcelona amosou a súa superioridade na pista do Frigoríficos do Morrazo cun triunfo, como se intuía, claro e contundente (24-39). O Cangas tivo como obxectivo que varios dos xogadores máis veteranos descansasen e darlle oportunidade a todo o cadro de xogadores, incluído o xuvenil Manu Pérez, que marcou un gol de penalti. 

O Frigoríficos aguantou nos primeiros minutos (6-7), pero cedo o Barcelona comezou a marcar diferenzas ata chegar aos sete goles no descanso (13-20). Na segunda metade non houbo máis historia que gozar coa calidade barcelonesa. A marxe final foi de quince goles e o Cangas xa pensa noutros compromisos máis importantes para manterse na Asobal. 

Noticias web

12/12/2020