CRTVG

Buscar

O tiroteo en Castrelo de Miño tivo un dano colateral

Publicado o 13/08/2019 20:48

A Garda Civil investiga un tiroteo ocorrido en Castrelo de Miño, na comarca do Ribeiro.

O incidente tivo lugar pouco antes da medianoite nas proximidades dunha vivenda, na que se hospedaban desde hai un mes, un grupo de persoas.

Contan os veciños que ata alí chegou un vehículo , escoitaron unha forte discusión e, pouco despois, comezaron os disparos. "Despois dos disparos subiron ao coche, baixaron os da casa e subiron a outro e fuxiron en dirección a Ourense", di esta muller. O alcalde de Castrelo de Miño asegura que tamén foron os bombeiros porque cheiraba a gas, e conta que os implicados levaron un microondas pero que o tiraron mais adiante.

Os implicados, de nacionalidade colombiana, déronse a fuga en dirección Ourense. Dase a circunstancia de que pouco despois a Garda Civil identificaba a entrada da cidade un coche de características similares, no que viaxaban tres persoas. Os axentes esposáronos e tumbaronos no chan como medida de prevención mentres rexistraban o vehículo. Pouco despois descartaron a sua participación.

Nos arredores da vivenda atoparonse restos de, alomenos, tres disparos. A Policia Xudicial trata agora de identificar aos autores e traballa coa hipótese dun axuste de contas por drogas.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019