CRTVG

Buscar

O tirón da industria conserveira aumentou a venda de mexillón dos bateeiros cangueses

Publicado o 24/06/2021 21:40

Os consumidores mudaron o patrón de venda dos bateeiros cangueses, que pasaron de destinar a meirande parte da súa produción ao mercado fresco a orientarse cara á industria conserveira. Por iso, mentres case todos os polígonos mexilloeiros galegos baixaron as vendas o ano pasado, en Cangas subiron un 27 %. Facturaron dous millóns e medio de euros máis que en 2019.

Todos os polígonos da zona de Aldán acaban de reabrir logo de levar pechados desde febreiro, e iso é bo sinal nunha zona con grande afectación da toxina. Aínda que teñen volumes menores, Baiona, cun aumento dun 22 %, e Sada, cunha suba do 42%, son outras zonas produtoras que incrementaron vendas o ano pasado, segundo os datos do Anuario de Acuicultura Mariña.

Noticias web

24/06/2021