O tifón Haishen deixa un ronsel de destrución no suroeste do Xapón
Publicado o 07/09/2020 09:33
O tifón Haishen deixou un ronsel de destrución no suroeste do Xapón. Hai catro persoas desaparecidas e unha trintena de feridos.
Pero puido ser unha traxedia maior se non fose pola alerta previa das autoridades, que deron a orde de evacuación de 1,6 millóns de persoas e a recomendación de que deixasen as súas casas a outros seis millóns. O tifón vai agora cara á península de Corea.
Máis sobre actualidade
16/01/2021 21:34
16/01/2021 21:30