CRTVG

Buscar

Xa van 18 mortos no Xapón polos efectos do tifón Hagibis

Publicado o 13/10/2019 11:02

Aínda que os datos non son definitivos, o tifón Hagibis arrasou o Xapón, deixando polo menos o dezaoito persoas mortas, centos de feridos e máis de trinta desaparecidos. O exército trata de rescatar as persoas atrapadas polas inundacións, que provocaron corrementos de terra mortais.

A tormenta debilitouse co paso das horas, pero a rotura dun dique no río Chikuma provocou graves inundacións no centro de Nagano, onde a auga chegou ata a altura dun segundo piso. Moitos dos falecidos atopáronse en automóbiles somerxidos, polo que a cifra de vítimas podería aumentar. 

O Hagibi é un dos tifóns máis potentes que chega ao Xapón, onde os refachos de vento superaron os 200 quilómetros por hora.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/10/2019