CRTVG

Buscar

'The New York Times' difunde as imaxes do ataque iraniano ao avión da Ucraína

Publicado o 15/01/2020 08:42

Un equipo de xornalistas de The New York Times acaba de difundir as imaxes dunha cámara de seguridade, en que se ven dous mísiles impactando contra un avión de Ucraína, o pasado 8 de xaneiro. Trátase do voo 752 de International Airlines.

O xornal confirma que os mísiles foron disparados desde unha base militar iraniana, a uns 12 quilómetros do avión. Os expertos subliñan que queda así confirmado un ataque inicial que inhabilitou o transpondedor do avión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2020