CRTVG

Buscar

O téxtil pide un protocolo de seguridade máis concreto para poder abrir os comercios

Publicado o 05/05/2020 21:20

Todo o sector do comercio coincidiu ao afirmar que a falta de información sobre as medidas de seguridade atrasou a apertura de miles de establecementos. Por esa razón, esixiu ás autoridades claridade nas medidas necesarias para que os autónomos saiban cales son as súas obrigas. As tendas menores de 400 metros cadrados, que eran as que podían abrir segundo a orde ministerial, permaneceron na súa maior parte pechadas xa que non lles "pagaba a pena" precipitarse na apertura cunhas condicións en que as vendas ían ser practicamente inexistentes.

O presidente da patronal do téxtil Acotex, Eduardo Zamácola, dixo que na orde do Goberno "é todo interpretativo" e ante a "incerteza" moitos comercios optaron por non abrir porque "non poderán pagar as nóminas" se volven ao traballo todos os empregados afectados actualmente por expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE).

No caso das tendas de roupa, Zamácola dixo que o Goberno "suavizou" as medidas, xa que agora se fala só de "hixienizar" as pezas.

Zamácola sinalou que "é unha barbaridade que se considere máis seguro un local de 400 metros cadrados que un de 1.200", cando neste último caso é "moito máis fácil controlar as distancias".

Noticias web

05/05/2020