CRTVG

Buscar

O téxtil galego fabricará batas e máscaras para os sanitarios durante a crise sanitaria

Publicado o 30/03/2020 11:22

Hai incerteza nalgúns sectores. Desde as oficinas do Clúster do Téxtil de Galicia están pendentes das medidas do Goberno. Estas medidas de endurecemento do estado de alarma colleunos cun proxecto. Estaban pendentes de fabricar batas para o persoal sanitario. Agora descoñecen se vai ser posible continuar con esa iniciativa.

Alberto Rocha é o secretario xeral do Clúster do Téxtil de Galicia: "Ante esta situación de necesidade e de falta de medios, o sector púxose á disposición do que fose necesario. Co cal temos un número importante de compañías en Galicia, marcas ben coñecidas, que se ofreceron para axudar. Incluso hai particulares que queren aportar o seu gran de area".

"Nós o que fixemos foi organizar esta marea de solidariedade para facela eficiente. Desta maneira, vemos cales son as necesidades e vemos que dispoñibilidades temos".

"O problema neste momento son os tecidos para facer batas e máscaras sobre todo. A medida que imos identificando no stock dunha empresa materia prima suficiente, falamos co Sergas para que nos confirmen que iso serve. Cando nos din que tipo de produto temos que facer, iniciamos o proceso de produción".

Noticias web

30/03/2020