CRTVG

Buscar

O Teucro, preto de anunciar a Irene Vilaboa como nova adestradora

Publicado o 27/05/2020 18:24

• Será a primeira muller en dirixir un equipo da División de Prata do balonmán español 

Hai unha muller galega que rompe un novo valado no deporte español. Chámase Irene Vilaboa. Esta semana Irene vaise converter na nova adestradora do Teucro. Será a primeira muller en dirixir un equipo da División de Prata do balonmán español. Ata o de agora dirixía o Bueu Atlético.

O seu caso é inédito no deporte de elite. Nin fútbol, nin balonmán, nin baloncesto contan cunha muller á fronte dos equipos masculinos. Parabéns ao Teucro, que aposta forte polo talento de Irene Vilaboa.