CRTVG

Buscar

O Teucro pide a repetición do seu partido ante o Zamora

Publicado o 24/02/2020 19:34

44 segundos para o final do Zamora-Teucro. Moyano, dende os 7 metros, pon o 23-22. O Zamora enrédase e Corneil recupera o balón a falta de 19 segundos. O Teucro lanza o contragolpe cando de súpeto
Con Moyano encarando a portería do Zamora a mesa concédelle un tempo morto ao equipo local. A norma di que só se pode conceder un tempo cando tes posesión do balón. A indignación no banco teucrista é maxima. Luis Montes estoura contra a mesa e contra os árbitros e os seus propios xogadores teñen que afastalo. Non serve de moito, insiste nas súas protestas e é expulsado, o que fai que o Teucro perda un xogador na pista. Cando se recupera a normalidade. Os árbitros, de acordo co sinalado pola mesa, danlle o balón ao Zamora que esgota o tempo para se facer coa vitoria. O Teucro vaille pedir á Federación Española de Balonmán a repetición do último minuto deste partido, que pode ser decisivo para a súa permanencia. Os de Luis Montes ocupan prazas de descenso a un só punto da salvación.


 

Noticias web

24/02/2020