CRTVG

Buscar

O Teucro empata co Cuenca na xornada Asobal e o Cangas perde en Sagunto

Publicado o 07/12/2017 16:15

Na Liga Asobal o Frigoríficos cae en Sagunto por cinco goles e en Pontevedra polémica tras o empate do Condes de Albarei Teucro co Cuenca.

Última xogada do partido. Igualada a vinte e un goles. Saque do porteiro teucrista e un rival leva por diante a Edu Moledo. Co regulamento na man trátase de agresión, cartón vermello o xogador do Cuenca e penalti a favor do Teucro.De nada serviron as protestas de Edu Moledo e de todo o cadro de xogadores teucrista. No balonmán tampouco hai VAR. Os árbitros cren que a Edu Moledo lle quitan o balón de maneira legal. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017