CRTVG

Buscar

'O teu Xacobeo' financiará máis de 350 proxectos impulsados por empresas, colectivos sociais e concellos

Publicado o 13/07/2019 18:25

Iniciativas artísticas, de ámbito deportivo e de posta en valor do patrimonio cultural e da gastronomía. Son os eixos do programa "O teu Xacobeo", que financiará máis de 350 proxectos impulsados por empresas, colectivos sociais e concellos. Cecilia Pereira, comisaria do Xacobeo 2021: "Máis de 215 impulsan novos talentos, o talento emerxente, que é tan importante. Un número moi parecido tamén fomentan o coñecemento de artistas galegos"

Un dos obxectivos do programa é que as actividades relacionadas co Xacobeo 2021 se estendan tamén aos concellos polos que non pasa o Camiño.  Román Rodríguez, conselleiro de Cultura: "Que se faga sentir en toda Galicia, que non se concentre só nun número concreto de localidades, e que todos os galegos poidan sentirse partícipes deste proxecto colectivo"

O fomento da participación cidadá é unha das liñas prioritarias do Plan Estratéxico do Xacobeo 2021, que se vai presentar oficialmente a próxima semana.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/07/2019