CRTVG

Buscar

O testemuño dunha prostituta destapa unha rede de explotación sexual

Publicado o 03/09/2020 12:50

O testemuño dunha prostituta permitiu o desmantelamento dunha rede de explotación sexual de mulleres en clubs de alterne.

A muller, refuxiada nun club do concello ourensán de Maside, relatoulles aos axentes que fuxira de Burgos, onde a retiñan contra a súa vontade. A operación culminou coa detención de sete persoas en Burgos, Logroño e Palencia.

Segundo informa a Policía Nacional, os detidos captaban as mulleres en Colombia e axudábanas a chegar a España. Unha vez aquí, obrigábanas a prostituírense para saldar unha suposta débeda de 10.000 euros, que seguía crecendo en gastos de manutención e aloxamento. Tamén sufrían violencia física.

Noticias web

03/09/2020