O temporal tomba dous veleiros en Muros sen danos persoais e causa outras incidencias
Publicado o 20/02/2021 20:25
O temporal deixa tamén incidentes en Muros. O suceso máis grave desta xornada no concello tivo lugar no peirao, onde os fortes refachos de vento tombaron dous veleiros que se encontraban na mariña seca.
As embarcacións quedaron abondo estragadas do golpe, e o susto foi grande pero por sorte os danos son unicamente materiais.
Nese mesmo lugar unha furgoneta de venda de comida, que tiña enganchado un remolque acabou tamén envorcada.