CRTVG

Buscar

O temporal por en alerta 39 provincias españolas

Publicado o 14/11/2019 14:45

As intensas nevaradas das últimas horas dificultan o tráfico en estradas do centro e do norte peninsular. Na rede principal, segundo a DXT, hai 47 vías afectadas pola neve. Cómpre circular con precaución na A-1, á altura de Segovia, e na AP-66, ao seu paso por León. 

As vías de alta capacidade máis afectadas están nas provincias de Madrid, Ávila e Segovia. Nalgunhas delas, a acumulación de neve obrigou a prohibir o tráfico de camións e autobuses. Hai dous portos pechados en Cantabria e un en Navarra, ambos os dous da rede secundaria. É necesario o uso de cadeas para circular por catorce portos de Asturias.

Ante esta situación, Tráfico recomendou evitar circular este xoves polas estradas asturianas e leonesas.

Malia os avisos, algúns condutores non estaban preparados para tanta neve.

Ademais, hai aviso laranxa por refachos de vento, que sopra con forza no litoral do Cantábrico. Todo isto, acompañado de moita chuvia e grande altura de onda, que chega tamén ao sur de España, ás provincias de Almería e Granada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2019