O temporal obriga a suspender todo o fútbol galego do sábado
Publicado o 20/12/2019 20:01
Suspendido todo o fútbol en Galicia previsto para mañá sábado. Foi unha decisión que tomou a Federación Galega e que afecta todas as categorías de Terceira para abaixo. En Terceira División, os partidos previstos para mañá que non se xogarán serán o Polvorín-Vilalbés, Somozas-Arenteiro, Barco-Pontellas e Fabril Paiosaco. Abegondo está especialmente afectado. Onte caía o muro do campo no que xoga o Fabril e o Dépor feminino. Ademais a Federación Española tamén decidiu suspender o Celta B-Real Madrid Castela que estaba previsto para mañá ás catro menos cuarto e tamén o encontro que tiña que desputar o Deportivo Abanca