CRTVG

Buscar

O temporal non altera a vida na montaña luguesa

Publicado o 12/01/2021 21:05

Con 68 anos de idade e toda a súa vida nos Ancares salvo algúns anos en Suíza, Antonio está máis que afeito a convivir coas nevaradas e as baixas temperaturas. A súa vivenda está a 1.100 metros de altitude e vai para tres semanas que a neve e o xeo cubren as leiras, tellados e camiños. Como el di, esta situación vólvese un trastorno en moitos lugares de España pero nesta zona é do máis habitual e nunca os colle por sorpresa.

"En Madrid non saben conducir na neve e non están preparados para eso. Nin teñen os vehículos axeitados".

Leña en abundancia, a despensa chea de carne e viño e tractores por se a situación nas estradas se volve problemática son as armas coas que contan Antonio e os seus veciños durante o inverno. O principal problema é que as vacas non poden sair pacer pero eso xa estaba previsto e dispoñen de suficiente reserva de forraxe para alimentalas. Dure o que dure o tempo invernal, aquí apenas altera o ritmo de vida e traballo.

"Se non houbese leña, sería un grave problema. Eu na casa estou en mangas de camisa porque teño a cociña prendida todo o día".

Se ben as temperaturas seguen a ser moi baixas e a neve e o xeo non se derreten, a ausencia de vento fai máis doado de levar o tempo extremadamente invernal.

Noticias web

12/01/2021