CRTVG

Buscar

O temporal no mar arrastra coches e deixa estragos na Coruña

Publicado o 12/02/2020 09:36

É o momento en que as ondas atrasesan o dique de abrigo e pasan por riba dos coches que están aquí estacionados. Mesmo levan por diante un deles que a piques estivo de caer á auga. "Estivo a nada porque tocou coa barreira, fixo tope, senon estaba na aiga seguro", di  Ángel de la Sierra Domínguez, capitán do porto deportivo Marina Coruña. 

Unha forza do mar que se deixou sentir tamén na praia de San Amaro.

Unhas ondas que chegaron os oito metros de altura e que na praia de Riazor, coincidindo coa última preamar das seis e vinte da mañá, saltaron mesmo por riba da duna. "Se non chega a ser pola duna, o que posou esta noite pasaría máis días e con maiores incidencias", explica Víctor Sánchez, sarxento dos bombeiros da Coruña.

Esta mañá, unha decena de operarios afanábanse na limpeza da area que a forza do mar arrastrou á estrada do paseo marítimo. Foi tal a cantidade que as autoridades mesmo se viron na obriga de cortar o tráfico nesta zona provocando importantes retencións en boa parte da cidade a primeira hora da mañá. Tamén estivo pechada para os peóns.

E é que no mar segue o aviso laranxa ata primeira hora da tarde que pasará a ser amarelo. Con todo, nesta xornada as ondas non chegan con tanta bravura á costa e tampouco son tan elevadas. Pero esta melloría vai ser pasaxeira porque a partir da media tarde de mañá volverá haber aviso laranxa no litoral norte.

 

Noticias web

12/02/2020